Hoxe luns comezamos a nosa aventura literaria, e fixémolo na compaña de Miguel Ángel Alonso Diz, coa primera sesión do obradoiro de escrita creativa que levaremos a cabo no Club de Lectura do IES As Barxas, durante o luns 29 de setembro e o luns 06 de outubro.
Alén de ser amigo, Miguel é un escritor galego que ademais de poesía ten publicados, xunto á nosa compañeira Luz Beloso, varios libros imprescindibles na literatura infantil e xuvenil galega actual: O cullarapo Croque, A nena a que non deixaban ser feliz e O soño de Esther, entre outros.
A través de diversos xogos, actividades e dinámicas de grupo, traballará con nós dous obxectivos principais: a estimulación do pensamento creativo como elemento fundamental de todo traballo e que os participantes acaden un coñecemento básico sobre as ferramentas empregadas na escrita.
A sesión foi totalmente práctica, con breves partes de clase maxistral apoiada con recursos audiovisuais que fan máis sinxela, rápida e divertida e a aprendizaxe.
Aquí tedes un pequeno vídeo que resume a actividade:
GRAZAS MIGUEL, XA CONTAMOS OS DÍAS QUE FALTAN PARA A SEGUINTE CITA!
Aquí tedes un pequeno vídeo que resume a actividade:
GRAZAS MIGUEL, XA CONTAMOS OS DÍAS QUE FALTAN PARA A SEGUINTE CITA!