jueves, 30 de abril de 2015

ZOOBURST-LIBROS, 3D, POP-UPS

ZooBurst es una web en la que podemos crear vistosos libros en 3D bajo flash y exportarlos a nuestros blogs o webs mediante enlace o código html. En los libros creados con esta herramienta, bajo la versión gratuita, (que es la que nosotros utilizamos) podemos incluir imágenes, texto y enlaces, con figuras que poseen relieve y perspectiva aunque no volumen, y que parece que salen de sus páginas.Es una herramienta muy intuitiva y a pesar de estar en inglés, tanto las opciones de registro como sus comandos son muy sencillas y claras. 


ZooBurst también cuenta con una versión premium que amplía las posibilidades permitiendo añadir audio y otras opciones multimedias e incluso usar la realidad aumentada para la interacción con las publicaciones.

Isabel Cascante, alumna de TIE de 3º ESO nos muestra un pequeño ejemplo: 

Felipe el Dalek


domingo, 19 de abril de 2015

Estrutura do álbum ,o storyboard


Unha vez creados os personaxes do noso álbum  ilustrado,  pasamos á seguinte fase:
Debuxamos o story ou guión gráfico, en internet podes atopar modelos de  plantillas  libres ,  pero eu recomendo traballalo cun simple lápis e un caderno, o fin e ao cabo o formato pode cambiar dun libro a outro, nós nun principio decidimos 25 X 25 cm,  unha medida que ao final  cambiamos por 23 x 23 para aproveitar ao máximo os pregos de papel, algo a ter moi en conta á hora de aforrar na creación do produto.  
O proceso de fabricación do álbum na imprenta non só condiciona o tamaño, tamén o número de páxinas, sendo sempre estas múltiplos de 4,  e 32 o mínimo de páxinas permitido  ca portada incluída, si esta é en tapa dura procura realizala un pouco máis grande, sobre 0´5 cm +.

Por último lembrade que á hora de compoñer, temos que ter en conta o texto, tratándoo como un elemento máis da páxina, xa sabemos que  a imaxe ten moito peso no álbum ilustrado, pero esta nunca debe acantoar ao texto.


 Ter coidado coas imaxes ao límite, procurar non poñer elementos de interese moi pegados ao bordo, corremos o risco de que se perdan (ademais de ser un grande erro na composición), valorar o espazo, a cor e o texto, tede en conta todos os elementos á hora de crear o voso story.




Esta seria a nosa planificación inicial


  • Despois de todos os consellos de elaboración do story ,estos son algúns dos bosquexos das páxinas dobres, realizadas polos nosos ilustradores.













CREACIÓN DO PERSONAXE

O noso protagonista é un mexillón, un pequeno mexillón cun gran talento que iremos descubrindo máis adiante.


O primeiro paso foi preguntarse como é un mexillón, onde viven, como é a súa cor, forma, textura.
Fran déixanos uns modelos da aula de ciencias, e debuxamos, debuxamos mexillóns sen parar.





  • Xa sabiamos como era un mexillón, a partir dese momento o coñeciamos un pouco máis e en consecuencia o debuxabamos mellor, o debuxo é coñecemento.












  •  Agora necesitabamos que reflectise a personalidade do noso personaxe, xa que Barxilón (este é o seu nome) non é un mexillón calquera, noso pequeno amigo ten unha característica moi especial, tiñamos que  diferencialo.
           Esta é a parte máis complicada, buscar a Barxilón levóunos dúas semanas de        traballo,  ata que  un día Xabier o visualizou, aí estaba ¡.  


Xabier Zuñiga


    Sen ningún tipo de dúbida, este era o noso protagonista.

Barxilón

  • O seguinte paso foi crear un personaxe 3D con plastilina, a pequena maqueta serviunos para debuxar a Barxilón dende todos os ángulos.






  •  Por último a proba de cor


BARXILÓN


  • Pero Braxilón non está só neste conto, aquí quedan os deseños dos outros personaxes , as autoras Inés, Area e Noemi


















Visitamos a imprenta

Na nosa visita á C.A. Gráfica S.A. de Mos, recibiunos David Alonso para guiarnos e explicarnos todo sobre a imprenta. Contounos que nesta empresa imprímese papel e cartón, aínda que ao principio só se imprimía papel -de feito, era a empresa nº 1 no oeste de España en impresión en papel, pero coa crise e coa caída do papel -de entre un 30% e un 40%- víronse obrigados a imprimir cartón, que é algo que se mantén por ser necesario para envasar os alimentos.

Primeiro visitamos a oficina onde se realiza o proceso de preimpresión. Alí é  onde os autores envían os seus traballos (en calquera dos seguintes formatos, jpgpsdpdf), e eles edítano para facelo apto para a impresión. Traballan co formato PDF por ser archivos pequenos e con boa calidade de visualización. Unha vez editados, envíanse os traballos aos autores, e se estes dan o seu visto bo, comeza o proceso de impresión.


Pasamos a outra dependencia onde nos explicou como funciona a imprenta tradicional. Na imprenta tradicional, o traballo transfórmase e descomponse en catro cores, e despois, na máquina vólvense a xuntar. Así, cas catro cores conséguense todos os matices que sexan necesarios, exceptuando cores metálicas. Agora mesmo existen imprentas con nove cores, conseguindo máis matices. Este mecanismo é o mesmo que seguen as impresoras que temos nas casas. David explicounos que, antigamente, este proceso facíase cunha mesa de luz. Sacaban catro negativos do traballo e nesa mesa colocábanse uns sobre outros, intentando que coincidinse perfectamente os uns cos outros, e posteriormente levábanse a unha plancha para imprimir, se insolaban con raios ultravioleta e se mandaban á máquina. Con este método había desaxustes a miúdo, pois conseguir que os catro negativos cadrasen era complicado. Ademais, levaba arredor dunha hora completar o proceso. Agora, todo este proceso faise mediante ordenador.


Pasamos á seguinte sala, onde puidemos ver a CTP. En planchas de aluminio (aínda que antigamente usábanse películas), a CTP marca con láser o diseño desexado. Antigamente, as películas gardábanse para non ter que repetir o proceso manual en caso de que o autor pidese que lle imprimisen máis copias do mesmo traballo. Chegaron a necesitar 500 m2 para almacenar negativos e películas. Agora, as pranchas de aluminio desbótanse ,  e os traballos gárdanse en ordenadores, que 
só ocupan un espacio de 10 m2.

Continuamos ata a nosa seguinte parada, un enorme espacio onde se atopan as impresoras. Levounos por enriba dunha destas grandes máquinas, e puidemos ver as tintas de diferentes cores. Alguén preguntou se as cores non se taparían unhas a outras seguindo ese proceso, e David díxonos que as cores fan como un tecido, non se tapan en ningún momento. Despois, ensinounos o resultado final dunhas fotografías que imprimiran, e ensinounos como de preto podía apreciarse esa trama da que nos falou, como pequenos puntiños que, de lonxe, facían a ilusión da cor uniforme. Tamén contou que, ao terminar o proceso de impresión, se lle daba unha capa de barniz ao papel para evitar que ao apilalo, se estropease.


Ademais, estas fotos tiñan textura. Explicounos que, actualmente, pódese dar textura ás imaxes, e incluso olor. Engadindo una máscara extra en algún programa como o Photoshop e usando unha quinta plancha de aluminio, a máquina recibe a orde de dar textura, e fai o efecto mediante barnices. Un proceso parecido úsase para dar olor, para o que se usa tintas con esencias ou se mezcla o barniz con microcápsulas, que ao pasar o dedo rompen e desprenden o olor.
Pasamos a ver a parte onde se realizaban envases de cartón. O proceso  é case o mesmo, pero despois de realizar a impresión,  lévanse ao troquelador, que mediante troqueis corta o cartón. Posteriormente, lévanse a unha máquina que os dobra e pega as partes que sexa necesario pegar.


Por último, fomos a ver unha impresora dixital. Contounos que a impresora dixital era máis rápida, e que con ela non había risco de que houbese desaxuste,  pero que os limitaba  no tamaño e no grosor do papel.


Para rematar coa visita, David imprimiunos e deunos unha foto que nos sacara ao principio do día, o que foi unha bonita sorpresa. Dende logo, saímos de alí con novos coñecementos e un agradábel sabor de boca.  GRAZAS DAVID .
                                                                                    Artigo escrito por: Area María Guede Ramos -   4º ESO-  IES as Barxas