O noso protagonista é un mexillón, un pequeno mexillón cun gran talento que iremos descubrindo máis adiante.
O primeiro paso foi preguntarse como é un mexillón, onde viven, como é a súa cor, forma, textura.
Fran déixanos uns modelos da aula de ciencias, e debuxamos, debuxamos mexillóns sen parar.
|
- Xa sabiamos como era un mexillón, a partir dese momento o coñeciamos un pouco máis e en consecuencia o debuxabamos mellor, o debuxo é coñecemento.
- Agora necesitabamos que reflectise a personalidade do noso personaxe, xa que Barxilón (este é o seu nome) non é un mexillón calquera, noso pequeno amigo ten unha característica moi especial, tiñamos que diferencialo.
Esta é a parte máis complicada, buscar a Barxilón levóunos dúas semanas de traballo, ata que un día Xabier o visualizou, aí estaba ¡.
Xabier Zuñiga Sen ningún tipo de dúbida, este era o noso protagonista. |
Barxilón |
- O seguinte paso foi crear un personaxe 3D con plastilina, a pequena maqueta serviunos para debuxar a Barxilón dende todos os ángulos.
- Por último a proba de cor
BARXILÓN |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario