domingo, 19 de abril de 2015

Estrutura do álbum ,o storyboard


Unha vez creados os personaxes do noso álbum  ilustrado,  pasamos á seguinte fase:
Debuxamos o story ou guión gráfico, en internet podes atopar modelos de  plantillas  libres ,  pero eu recomendo traballalo cun simple lápis e un caderno, o fin e ao cabo o formato pode cambiar dun libro a outro, nós nun principio decidimos 25 X 25 cm,  unha medida que ao final  cambiamos por 23 x 23 para aproveitar ao máximo os pregos de papel, algo a ter moi en conta á hora de aforrar na creación do produto.  
O proceso de fabricación do álbum na imprenta non só condiciona o tamaño, tamén o número de páxinas, sendo sempre estas múltiplos de 4,  e 32 o mínimo de páxinas permitido  ca portada incluída, si esta é en tapa dura procura realizala un pouco máis grande, sobre 0´5 cm +.

Por último lembrade que á hora de compoñer, temos que ter en conta o texto, tratándoo como un elemento máis da páxina, xa sabemos que  a imaxe ten moito peso no álbum ilustrado, pero esta nunca debe acantoar ao texto.


 Ter coidado coas imaxes ao límite, procurar non poñer elementos de interese moi pegados ao bordo, corremos o risco de que se perdan (ademais de ser un grande erro na composición), valorar o espazo, a cor e o texto, tede en conta todos os elementos á hora de crear o voso story.




Esta seria a nosa planificación inicial


  • Despois de todos os consellos de elaboración do story ,estos son algúns dos bosquexos das páxinas dobres, realizadas polos nosos ilustradores.













No hay comentarios:

Publicar un comentario