Este pasado fin de semana fomos a Madrid á xornada "Colaborar para Ensinar" concibida grazas á unión da fundación Colegio Base e a Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.
O seu obxectivo principal era mostrar unha selección de experiencias baseadas na colaboración que se realizan a nivel intercentros, ademais de comunicar os premios "Fundación Colegio Base" e "Premio Hiares"
Entre elas presentamos o noso proxecto "BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL, que deu a luz ao noso querido BARXILÓN, e que foi recoñecido co "Premio Fundación Colegio Base"
Ademais o blogue Aul@animada, da nosa compañeira Luz Belosoación, quedou Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura, xunto cos fantásticos proxectos " Ademais o noso blogue Aul@animada quedou Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura, xunto cos fantásticos proxectos "Madeiras que son violíns" (1º premio) e Mate+TICS y Arte, que tamén quedou finalista.