O proceso creativo de ilustrar un conto parte dunha idea ou unha historia previa, no noso caso xa chegamos a esta fase.
Que pasos imos seguir para ilustrar e deseñar o noso álbum ilustrado?. Primeiro necesitaremos documentarnos, ver, ver moitos ilustradores, ver diferentes estilos, aquí en Galicia temos aos mellores, Miguel Anxo Prado, David Pintor, Nuria Diaz, Kiko da Silva, Antonio Seijas ... Comprobade que teñen un estilo propio, as súas ilustracións son inconfundibles. Neste apartado decir que o noso álbum vai ter varios estilos diferentes de ilustración, xa que o ides ilustrar entre todos, Supoño que isto é un risco, ou non?, verémolo o final.
Tamén necesitamos coñecementos de técnicas, estamos traballando procesos diferentes dende a ilustración manual á dixital, a perspectiva , composición, sombras, personaxes, espazos, tratamento do texto, coñeceremos diferentes aspectos do deseño , da tipografía, a maquetación ...
Estes dias estivemos a ver diferentes Ilustradores, os meus alumn@s adoran o Manga ou o anime, é máis algúns son auténticos expertos neste tema, vai ser complicado que asimilen novos estilos.
No álbum ilustrado necesitamos volver á infancia e recuperar a creatividade perdida, mentres tanto ver, necesitamos seguir vendo moitos ilustradores.
Aqui deixo a páxina da asociación de ilustradores galegos, AGPI http://www.agpi.es
E tamén algúns exemplos de EXERCICIOS PREVIOS Á CREACIÓN DO NOSO ÁLBUM ILUSTRADO, que xa ten título , eso si, gardado celosamente en segredo .

Ilustración dixital con Sketchup, traballando o espazo - Hugo |
Ilustración tradicional con acuarela, traballando o espazo - Juan |
Contamos con alumnos de gran talento, a influencia do anime esta latente en todas as súas ilustracións .Ilustracións de Inés Camaño |
Ilustración entre o manual e o dixital, traballando o espazo - Inés |
Técnicas tradicionais |
Creando personaxes e escenarios |
No hay comentarios:
Publicar un comentario