Mostrando entradas con la etiqueta CEREBRITI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEREBRITI. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de mayo de 2015

CREAMOS JUEGOS CON CEREBRITI


Cerebriti é un portal de xogos educativos xerados polos propios usuarios para poñer a proba os seus coñecementos. A plataforma alberga máis de 2.600 xogos clasificados en 16 campos, entre os que se atopan materias do currículo escolar como Lingua, Ciencias, Matemáticas ou Historia.

Non podíamos deixar pasar a oportunidade de crear algún xogo sobre o noso libro de Barxilón no Mar do Latón, así que abrimos unha conta de usuario cos nosos correos electrónicos (gratuito) e pusémonos a traballar coas 10 plantillas que ofrece: tipo test, mapa mudo, busca as respostas correctas, atopa a parella (texto), atopa a parella (imaxe), carrusel de preguntas, palabras segredas, identifica a imaxe, ránking e lista en branco.

Esta semán recibimos a confirmación da publicación dun dos nosos xogos na plataforma, así que aquí vos queda o enlace para probalo: