Mostrando entradas con la etiqueta O proceso creativo: Ilustramos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O proceso creativo: Ilustramos. Mostrar todas las entradas
sábado, 6 de junio de 2015
Creamos a nosa propia fonte tipográfica debuxando letras con luz
Adrián Pazó debuxa as LETRAS de BARXILÓN CON LUZ , como fixo Picasso para a revista live no 1949 .
Aquí quedan dúas ferramentas fantásticas para crear a túa propia tipografía e instalala no teu ordenador. É moi sinxelo, só necesitas adaptala ao pdf que se achega na entrada , subila e exportarla en formato tff .
RECURSOS : http://graffica.info/tipografia/
|
viernes, 8 de mayo de 2015
Experiencia con SCRATCH e MAKEY MAKEY .Creamos un panel musical e interactivo inspirado nos personaxes de Barxilón.
DÍA 1 : Deseñamos un xogo
Fabio e Anxo crean un xogo que se acciona con debuxos nun papel, aquí queda o audio da experiencia na aula.
Día 2: Creamos un panel musical interactivo inspirado nos personaxes de Barxilón.
Video que recolle a nosa aventura con este novo proxecto .
Makey Makey + Scratch é un gran recurso para crear ou imaxinar, coa posibilidade de crear xogos ou instalacións artísticas.
Os límites ponos a túa creatividade.
Experiencia con SCRATCH e MAKEY MAKEY from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Experiencia con SCRATCH e MAKEY MAKEY
Creamos un panel musical e interactivo inspirado nos personaxes de Barxilón.
domingo, 3 de mayo de 2015
BOOK TRAILER
Aquí queda o book tráiler do noso Barxilón, non dubidedes en compartilo¡, que rode e chegue a todo o mundo.
A técnica empregada: animación 2d, retoque fotográfico e edición de vídeo.
Ver páxina de recursos: http://framebyframe.hol.es
A técnica empregada: animación 2d, retoque fotográfico e edición de vídeo.
Ver páxina de recursos: http://framebyframe.hol.es
BARXILÓN EN EL MAR DE LATÓN from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
BARXILÓN EN EL MAR DE LATÓN
http://barxasemprendecreaciondeunaeditorial.blogspot.com.es
sábado, 2 de mayo de 2015
ILUSTRACIÓNS PARA BARXILÓN
Xa temos maquetado o noso libro, na visita á imprenta recomendáronnos presentalo en formato pdf, sentimos non poder compartilo , pero pronto poderedes ver o libro nos vosos centros.
Aquí queda o que sería a portada, deixamos unha pequena mostra do traballo realizado durante esta avaliación, próximamente o booktrailer¡
Os ilustradores deste fermoso conto son os alumn@s de plástica de 4ºESO do IES as Barxas: Ines Camaño (portada), Xabier Zúñiga, Area Guede, Noemí Costas e Juan tenorio. ![]() |
| PORTADA(Inés) |
![]() |
| DO MANUAL AO DIXITAL(Area) |
![]() |
| DETALLE (Noemí) |
![]() |
| DETALLE ILUSTRACIÓN(Xabier) |
![]() |
| GARDAS DETALLE |
domingo, 19 de abril de 2015
Estrutura do álbum ,o storyboard
Unha vez creados os personaxes do noso álbum ilustrado, pasamos á seguinte fase:
Debuxamos o story ou guión gráfico, en internet podes atopar modelos de plantillas libres , pero eu recomendo traballalo cun simple lápis e un caderno, o fin e ao cabo o formato pode cambiar dun libro a outro, nós nun principio decidimos 25 X 25 cm, unha medida que ao final cambiamos por 23 x 23 para aproveitar ao máximo os pregos de papel, algo a ter moi en conta á hora de aforrar na creación do produto.
O proceso de fabricación do álbum na imprenta non só condiciona o tamaño, tamén o número de páxinas, sendo sempre estas múltiplos de 4, e 32 o mínimo de páxinas permitido ca portada incluída, si esta é en tapa dura procura realizala un pouco máis grande, sobre 0´5 cm +.
O proceso de fabricación do álbum na imprenta non só condiciona o tamaño, tamén o número de páxinas, sendo sempre estas múltiplos de 4, e 32 o mínimo de páxinas permitido ca portada incluída, si esta é en tapa dura procura realizala un pouco máis grande, sobre 0´5 cm +.
Por último lembrade que á hora de compoñer, temos que ter en conta o texto, tratándoo como un elemento máis da páxina, xa sabemos que a imaxe ten moito peso no álbum ilustrado, pero esta nunca debe acantoar ao texto.
Ter coidado coas imaxes ao límite, procurar non poñer elementos de interese moi pegados ao bordo, corremos o risco de que se perdan (ademais de ser un grande erro na composición), valorar o espazo, a cor e o texto, tede en conta todos os elementos á hora de crear o voso story.
![]() |
Esta seria a nosa planificación inicial
- Despois de todos os consellos de elaboración do story ,estos son algúns dos bosquexos das páxinas dobres, realizadas polos nosos ilustradores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)































