Unha vez escrita e ambientada a historia de Barxilón, os nenos de infantil e primaria do CEIP A RÚA, realizaron debuxos de como crían que era. Todos os nenos do cole fixeron a súa aportación, saíndo Barxilóns moi diversos, demostrando unha gran creatividade e orixinalidade. Aquí tedes unha mostra das obras destes ARTISTAS:
Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓN DO PERSONAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓN DO PERSONAXE. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de mayo de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
CREACIÓN DO PERSONAXE
O noso protagonista é un mexillón, un pequeno mexillón cun gran talento que iremos descubrindo máis adiante.
O primeiro paso foi preguntarse como é un mexillón, onde viven, como é a súa cor, forma, textura.
Fran déixanos uns modelos da aula de ciencias, e debuxamos, debuxamos mexillóns sen parar.
|
- Xa sabiamos como era un mexillón, a partir dese momento o coñeciamos un pouco máis e en consecuencia o debuxabamos mellor, o debuxo é coñecemento.
- Agora necesitabamos que reflectise a personalidade do noso personaxe, xa que Barxilón (este é o seu nome) non é un mexillón calquera, noso pequeno amigo ten unha característica moi especial, tiñamos que diferencialo.
Esta é a parte máis complicada, buscar a Barxilón levóunos dúas semanas de traballo, ata que un día Xabier o visualizou, aí estaba ¡.
| Xabier Zuñiga Sen ningún tipo de dúbida, este era o noso protagonista. |
![]() |
| Barxilón |
- O seguinte paso foi crear un personaxe 3D con plastilina, a pequena maqueta serviunos para debuxar a Barxilón dende todos os ángulos.
- Por último a proba de cor
![]() |
| BARXILÓN |
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










