O noso amigo Mateo ten 9 anos, vive en Cangas, e o pasado ano participou con nós nun traballo audiovisual para unha ONG xunto cos seus compañeiros de clase. Agora leva 9 meses loitando contra un tumor moi agresivo que decidiu instalarse na súa cabeciña, chamado "RABDOMIOSARCOMA ESCLESORANTE".
Mateo está decidido a vencelo pero necesita a nosa axuda, xa que os tratamentos son caros e a Seguridade Social non os cobre. Por iso, decidimos imprimir máis exemplares que os que imos enviar ás bibliotecas dos coles, e o vindeiro mércores, despois da presentación CALQUERA PODERÁ FACERSE CO LIBRO DE BARXILÓN A CAMBIO DUN DONATIVO PARA MATEO.
FORZA AMIGO! CONTA CON NÓS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario