Foi alá por xaneiro, co 2015 recén estreado, moito frío e ganas de traballar en equipo. A profe chegou un día moi animada e díxonos que xa tiñamos o conto do proxecto e que pensaba que nos ía encantar, e así foi!
Distribuíunos en grupos cooperativos e explicounos que iamos ser os autores da tradución ao galego do texto. De entrada pareceunos un traballo ben doado, pero non tiñamos nin idea do que supoñía esa responsabilidade. Levounos á Biblioteca porque, dixo, alí teredes todo o material de consulta que necesitedes. Nós pensamos que nada nos faría falta porque se trataba "simplemente" de traducir do castelán ao galego, e nós, que somos galego-falantes, pouco problema nos había dar facelo... Ai, que enganadiños estabamos!!
outro de lingua castelá e outro de sinónimos galegos. Explicounos tamén que o feito de termos que traducir un texto en verso complicaba máis a súa adaptación á nosa lingua, e deunos dous consellos: o primeiro, desconfiar de todas as palabras, incluso das de uso máis habitual; e o segundo, intentar respectar o máximo posible o texto do autor.
moitas cousiñas novas. A profe falounos do Latín como lingua nai do galego e do castelán, e de que esa relación de irmáns entre as dúas linguas explica en parte que teñamos tantas palabras iguais ou moi parecidas. Pero tamén nos falou doutras que non hai no castelán e que son moi nosas, e por iso debemos coñecelas e coidalas. Este ano cando vaiamos á praia andaremos a buscar farallóns!! En relación con isto está tamén o segundo consello: debiamos respectar ao máximo o texto orixinal.
Por último, foi complicado tamén buscar as rimas, ás veces conseguímolo usando diminutivos, outras veces a solución foi un sinónimo ou alterar algo a orde da frase. O traballo gustounos moito, confiamos en que a vós vos guste o resultado!! Foi feito con esforzo, agarimo, respecto e ilusión a partes iguais!!
Apertas e saúdos dende Negreira, compis!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario