Hoxe recibimos unha grata noticia e por fin a nosa criatura "Barxilón no Mar do Latón", xa está connosco. As 12:00 chegou ao IES AS BARXAS, o noso amigo Pucho, de Gráficas Lasa, cunha furgoneta cargada de exemplares que Angel, Martín e Juan, axudaron a transportar.
Aquí tedes o histórico momento:
Nos vindeiros días, envíaremos un exemplar por correo a cada biblioteca dos centros galegos de educación infantil, primaria e secundaria. A cambio só vos pediremos que subades unha foto do libro de Barxilón ao seu perfil de facebook.
O libro non se destina a venta, se alguén quere facerse con él, haberá exemplares extra dispoñibles o día da presentación, para intercambiar por un donativo para axudar ao noso amigo MATEO.
BENVIDO Á CASA BARXILÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario