martes, 12 de mayo de 2015

DEPÓSITO LEGAL E ISBN DO NOSO LIBRO

Para a edición do noso libro só realizaremos o trámite de depósito legal, xa que o ISBN non procede o non destinarse o libro á venta.
Os pasos a seguir para levar a cabo o trámite de depósito legal en Galicia os obtivemos a partir do  Portal da Rede de Bibliotecas de Galicia, determinando:
1.- Que é o Depósito Legal? 
En Galicia é a institución xurídica que lle permite á Administración recoller exemplares das publicacións de todo tipo, reproducidas en calquera clase de soporte e destinadas por calquera procedemento á súa distribución ou comunicación pública, sexa esta gratuíta ou onerosa.
2.- Suxeitos obrigados a solicitar e constituír o Depósito legal
O suxeito obrigado a solicitar o número e constituír o depósito legal é o editor con domicilio social en Galicia, calquera que sexa o lugar de impresión ou produción (no seu defecto o produtor, o impresor, o estampador ou o gravador).
Biblioteca de Galicia recibirá un exemplar de todas as publicacións en galego que se realicen en España. Este exemplar será depositado directamente polo editor ou suxeito obrigado ao depósito legal

3.- Ónde debe constituirse do Depósito Legal?

Na oficina correspondente ao domicilio social (da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo), consonte o modelo facilitado por aquela. 
A solicitude debe facerse antes de que finalice a impresión do libro, vía web e ten carácter gratuito.

4.- Composición do número de Depósito legal
O número imprimirase nun lugar visible e identificable, xeralmente no verso da portada ou no lugar onde se sitúe o pé de imprenta, e estará constituído por :
  • A sigla DL
  • A sigla que corresponda a cada oficina, que son:
    • C para A Coruña
    • LU para Lugo
    • OU para Ourense
    • PO para Pontevedra
    • VG para Vigo 
  • O número de constitucións do depósito e o ano de constitución do mesmo, en catro cifras. O número asignado á obra e o ano van separados por guións. Ao finalizar cada ano pecharase a numeración, que se iniciará de novo, ao comezar o ano. Exemplo: DL VG 300-2012
5.- Por que é importante realizar o trámite do Depósito Legal?
Porque é unha prestación patrimonial obrigatoria de carácter público que ten por misión fundamental a preservación da cultura dos diferentes pobos facendo posible que cualquera persoa poida acceder ó patrimonio cultural, intelectual e bibliográfico do país de xeito permanente no presente e no futuro.
É unha condición imprescindible para garantir o dereito de acceso á información de todos os cidadáns e contribúe á protección dos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual.
6.- Centros de Conservación
A Biblioteca Nacional de España é o centro de conservación no ámbito nacional. Na Comunidade de Galicia son centros de conservación:
  • a Biblioteca de Galicia
  • a Biblioteca Central Territorial da Coruña
  • a Biblioteca Central Territorial de Lugo
  • a Biblioteca Central Territorial de Ourense 
  • a Biblioteca Central Territorial de Pontevedra 
  • a Biblioteca Central Municipal de Vigo
7.- Número de exemplares que se depositarán: 4

No hay comentarios:

Publicar un comentario