Dentro da fase de animación á lectura, queremos experimentar coa técnica do teatro negro, que consiste en que sobre un escenario totalmente negro e mediante o uso da luz negra, un actor-manipulador, tamén vestido de negro, poderá facer aparecer e desaparecer calquer obxecto que sexa visible á luz ultravioleta do tubo fluorescente. Con isto, algúns personaxes-obxectos parecen cobrar vida propia.
Creemos que resulta moi interesante pois nos permite traballar a expresión corporal e artística e levarémolo a cabo cos alumnos do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras da ESO.
Non temos ningunha experiencia nin coñecemento previo do tema, só o bicheado en internet, así que como sempre nos basareamos en ensaio-erro, co fin de sacar conclusións sobre este novo recurso.
Eva e María crean o escenario cunha caixa de cartón que pintamos de negro.
Nerea recorta as persoaxes en cartón reciclado.
Paula os pinta con pinturas fluorescentes.
E xa só nos faltaba a luz fluorescente, que xentilmente prestounos Roi, un alumno de 1º bach. que sempre está disposto a colaborar.
As primeiras prácticas foron máxicas, os alumnos desinhibíronse rápidamente, implicáronse moito e está resultando moi motivador. Pronto poderedes ver o resultado nun pequeno vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario